domingo, 10 de noviembre de 2013

Cousas, contos, lembranzas

Non tiña ningunha idea para a entrada do meu blog, ningunha que chegase a gustarme o suficiente. Comecei a cavilar e cavilar ata que decidín falar dalgunha lenda, algo que puidese ser entretido. Fun a xunto dos meus avós, que sempre contábanme contos e dixéronme que non recordaban ningunha, que seguro que cando non fixese falta recordar as lendas comezarían a ir historias na súa cabeza, como pasa sempre, dixeron. Pregunteille ao meu pai e díxome que non recordaba nada. Xa volvía a non ter ningunha idea para o meu blog. De alí a un intre viño meu pai á miña habitación e díxome: acabo de acordarme dun libro que escribíu un amigo meu fai moitos anos con contos, lendas e lembranzas del. E entón trouxome un libro moi moi vello, cheo de pó e comezou a recordar historias que o mesmo autor do libro contáballe. Díxome que era un home vello que o coñecía da zona de Narón e que no Nadal do 1979 apareceu co libro e cunha pequena dedicatoria para o meu pai.
Comezou meu pai a contarme unha historia do libro que recordaba «Os soños da Ferreira»


«Cousas, contos, lembranzas da terra, do mar e da nosa xente» garda historias de Galicia, contos que probablemente escoitaban os nosos avós, historias dos mariñeiros, dos emigrantes que ían ó extraxeiro a buscar traballo, dos inmigrantes que chegaban a Galicia, lembranzas, moitas lembranzas que o autor tiña da súa terra.
Comecei a ollar o libro e atopei varios poemas e un gustoume especialmente que chámase “Un home feliz”:


«Non e feliz quen non quer selo,
si cadaquén conformárase co que
Deus lle dou, xa é feliz.

Son feliz porque no meu pensamento
está o dar felicidade
a quen veña á miña veira.

Porque vexo felicidade nos meus
e quixera vela tamén nos meus semexantes.

...»

No hay comentarios:

Publicar un comentario